Um dos mais conceituados artistas galegos passa pelo Porto e por Lisboa para apresentar o seu mais recente disco.

Xabier Díaz, um dos nomes maiores da música tradicional galega, volta a Portugal na companhia das Adufeiras de Salitre para dois concertos únicos no Porto e em Lisboa. Neste espetáculo, Xabier Díaz apresenta ao vivo muito do seu repertório, mas em especial o seu último disco “As Catedrais Silenciadas” que concluiu uma trilogia. Este disco é o culminar de um processo que começou em 2015 e em que o elemento diferencial na sua sonoridade é o conjunto de mulheres vocalistas e percussionistas juntarem-se ao artista.
A Irreversível aproveitou esta passagem pelo Porto do artista galego e estivemos à conversa. Optámos por colocar a entrevista no original Português – Galego, sem qualquer tradução, pois foi assim mesmo que o diálogo aconteceu.


O irreversible para min é todo, o meu compromiso coa música e a miña condición de músico, o meu compromiso coa natureza e os valores relacionados coa igualdade (…)

Xabier Díaz


Irreversível – Olá Xabier, muito obrigado pela tua disponibilidade para esta entrevista. Parabéns pela música que crias. O álbum “As Catedrais Silenciadas” (2020) surge no ano em que rebentou a pandemia covid. Certamente havia tour de apresentação programada. Como foi ter de lidar com toda essa situação com um disco novo nas mãos?
Xabier Díaz – Agora mesmo, despois do tempo que xa pasou, penso que aquela situación tan complexa para nós convertiuse nunha oportunidade para repensar o proxecto. Permitunos ter a pausa necesaria para poner a ollada sobre todo o que levababamos feito desde o ano 2014 e reflexionar, desde ese momento de parón forzado, en todo o que estábamos a facer e o queríamos facer nos anos que están por chegar.

Irreversível –  “As Catedrais Silenciadas” encerra uma trilogia iniciada em 2015. Qual o conceito e motivações por detrás desta trilogia com as Adufeiras de Salitre?
Xabier Díaz – O concepto a as motivacións da triloxia dos álbumes feitos coas Adufeiras tamén hai que velos coa perspectiva temporal que agora nos da ese 2015, imos camiño dos 10 anos.
O concepto baseábase nunha aposta clara por unha renovación da música tradicional galega que poñía o foco na percusión tradicional e a voz. Sustentar un novo discurso cunha ensemble moi poderosa de percusión e coas voces das mulleres como elemento catalizador e fundamenal da proposta. Con respecto as motivacións, quizais sexa unha vella arela, unha sorte de compromiso pola miña parte coa música de raíz cantada polas mulleres ás que eu me acheguei durante dúas décadas coa gravadora na man. Mulleres maiores que aínda trasladaban na súa memoria o acervo popular do noso país, da nosa terra. E a miña motivación era precisamente esa, proxectar todo aquelo que eu recuperei e que, baixo o meu punto de vista, era unha foto todavía non revelada da música tradicional galega.

Irreversível – Tens ainda uma série de datas agendadas um pouco por todo o verão. Vais continuar a apresentar este trabalho mais recente ou existem novidades a surgir brevemente?
Xabier Díaz – Efectivamente, en parelelo á xira anual, estamos traballando sobre músicas novas, procurando aportar unha mirada renovada da nosa propia ollada que xa existe e que xa revelamos e quedou fixada nestes tres últimos discos. Creo que é unha revisión da proposta, é volver a mirar esta estética e atmósfera musical desde un novo momento.

Xabier Díaz

Irreversível – Como é o teu processo criativo individual e como surge depois a junção com outros artistas?
Xabier Díaz – Nun primeiro momento o meu proceso creativo é intimo e insistintente, no sentido de que necesito pasar moito tempo no estudio. Nace de pequenas ideas, dunha frase, dun refrán, dunha secuencia armónica nun piano, da gravación dunhas percusións ou dun canto recollido dalgunha desas gravacións do pasado. Nesa primeira fase necesito ir xuntando todos os elementos, as percusións, as melodías, as armonias e os textos e ter unha estructura de tema bastante sólida. Nun segundo paso e, sobre todo nos últimos discos, teño colaborado e partillado as miñas músicas con outros produtores que suman elementos, xa sexan instrumentos ou atmosferas.
Con respecto á segunda parte da pregunta, a verdade é que últimamente fago moitas colaboracións con outros artistas, a maioría amigos cos que nalgún momento nos cruzamos e vamos inevitablemente uns colaborando nos discos dous outros. E, por outra parte, algo que disfruto moito é das colaboracións ao vivo, é dicir, últimamente cando imos tocar a calquera lugar do mundo procuramos convidar a artistas locais para facer que as nosas músicas respiren xuntas e ver que acontece. Esto fágoo por placer, pola posibilidade de partillar con outros músicos en directo onde non hai opción de repetición, é unha sorte de creación en tempo real que non admite revisión, o público que está ahí está escoitando algo irrepteible que non vai volver acontecer desa forma.

Irreversível – Quais são as tuas fontes de inspiração?
Xabier Díaz – As miñas fontes de inspiración teñen moito que ver con todos eses traballos de campo que fixen sobre todo finais dos anos 90 e nos primeiros 2000. Todas aquelas gravacións continúan acompañándome dunha manera moi plausible. É dicir, volvo sobre elas para ver que mensaxe me trasladan e, outras veces quizáis a inspiración ven precisamente dunha sorte de espellismo, de reflexo, de eco daquelas gravacións. Así que moitas veces baixo ao meu estudio cunha idea predeterminada ou unha música moi definida pero rápidamente aparecen retazos ou anacos desas gravacións, algunha idea ou algo que me leva a construir un novo momento, unha nova música.

Irreversível – Pessoalmente detesto rotular bandas/artistas. É quase sempre limitativo, mas por vezes é necessário fazê-lo. Se tivesses de explicar o tipo de som que fazes, como o descreverias?
Xabier Díaz – Creo que o que facemos é música tradicional contemporánea, que as veces se convirte en música popular contemporánea, cando o público o decide.

Irreversível – O que é, para ti, irreversível?
Xabier Díaz – O irreversible para min é todo, o meu compromiso coa música e a miña condición de músico, o meu compromiso coa natureza e os valores relacionados coa igualdade, o meu amor pola música universal, non so pola música tradicional se non por toda a música, o amor polo cinema e a literatura… Quizais o irreversible é todo aquilo do que, por sorte, non podo escapar.

Os bilhetes para o espetáculo do Porto já estão à venda e podem ser comprados nos locais habituais e através da Ticketline.

A 26 de setembro de 2023 o artista retorna a Portugal para um concerto no Teatro da Trindade Inatel em Lisboa.

Deixar um comentário

WP Radio
WP Radio
OFFLINE LIVE